Só unha hora
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Só unha hora
Este domingo ten vintecinco horas. O móbil cambia só; nós igual nin nos decatamos. Sempre dicindo que non temos tempo e, cando aparece unha hora, case se nos perde.
Que fariamos con ela se a visemos chegar?
Tamén se cumpren 145 anos do nacemento de Picasso, que viviu e aprendeu a pintar na Coruña. Nun poema escribiu: «Escucha en tu infancia la hora».Como se puidésemos volver escoitar un tempo que o reloxo xa non marca.

Hai días nos que apagamos as noticias e seguimos oíndoas. Chegan berros de lugares distintos. Cada protesta ten as súas razóns. Non as coñecemos todas, pero algo entendemos de traballar e non poder facer plans, de temer polo que custou tanto conseguir, de querer tranquilizar os fillos sen saber que dicirlles. Hai contas que cadran só se deixamos a vida para despois.
Entre tanto ruído, sabemos de que lado está alguén antes de escoitar que lle pasa.
E se lle dedicásemos esa hora?
PUBLICIDADE
No Guernica, entre tantas figuras rotas, unha nai sostén o seu fillo morto. A pintura non arranxa o que pasou. Pero aquela dor tamén nos doe.
Por iso necesitamos cultura e beleza tamén nestes días. Palabras para explicar o que nos pasa. Unha escola coidada, unha biblioteca aberta, unha praza onde dea gusto quedar. Sentir que a nosa vida merece atención.
Comprender o malestar non obriga a aceptar o dano. Tampouco pedir calma resolve o que doe. Fan falta respostas nas que volver confiar, persoas que asuman responsabilidades e feitos que nos permitan facer plans. A paciencia tamén se gasta.
PUBLICIDADE
Como sería un futuro no que nos vísemos xuntos?
Non se resolve nunha hora. Pero tampouco queremos afacernos a vivir así.
Este domingo o reloxo retrocede só. O demais necesita de nós.
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito.
ECOS DA COMARCA — 25 de outubro de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans
Un domingo de Ramos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-domingo-de-ramos
Abades, un domingo de Pascua: https://www.ecosdacomarca.com/post/abades-un-domingo-de-pascua
Memoria e innovación: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-e-innovaci%C3%B3n
26 de abril: https://www.ecosdacomarca.com/post/26-de-abril
Trevos de catro follas: https://www.ecosdacomarca.com/post/trevos-de-catro-follas
Hai cousas que volven... e outras que cambian: https://www.ecosdacomarca.com/post/hai-cousas-que-volven-e-outras-que-cambian
Memoria nas letras: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-nas-letras
Entre tratos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entre-tratos
Non só para o verán: https://www.ecosdacomarca.com/post/non-s%C3%B3-para-o-ver%C3%A1n
Pequenas cousas: https://www.ecosdacomarca.com/post/pequenas-cousas
O esforzo invisible: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-esforzo-invisible
A Esperanza: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-esperanza
Entendérmonos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entend%C3%A9rmonos
As primeiras veces: https://www.ecosdacomarca.com/post/as-primeiras-veces
O Peregrino: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-peregrino
Aquí seguimos: https://www.ecosdacomarca.com/post/aqu%C3%AD-seguimos
Facer nada: https://www.ecosdacomarca.com/post/facer-nada
Mirar aos lados: https://www.ecosdacomarca.com/post/mirar-aos-lados
O que falta: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-que-falta
Onde pisamos: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-pisamos
Un dos nosos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-dos-nosos









Comentarios