top of page

26 de abril

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


26 de abril

Hai cousas que teñen lugar... non sitio.

E ás veces todo está no seu sitio... pero non está no seu lugar.

O sitio é onde algo está; o lugar, onde algo é.


E, sen darnos conta, todo segue no seu sitio... pero xa non está no seu lugar.

Hai algo aí que se nos escapa.

Sabemos velo?

Foto dunha sección do Guernica de Picasso.
Foto dunha sección do Guernica de Picasso.

Pensamos que todo se pode cambiar de sitio, de lugar. Ás veces é certo. Pero non

sempre.


Co Guernica fálase de onde debe estar. Se aquí ou alí. Sen entrar niso, hai algo que

tamén se aprende: hai obras que manteñen o seu lugar máis alá do sitio que ocupan.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Porque ás veces non é o espazo o que define a obra. É a obra a que crea o seu lugar.

E hai días que nos lembran isto.


O 26 de abril é un deles. O día do Bombardeo de Guernica, o día do accidente de

Chernóbil. Non son só feitos. Hai cousas que, unha vez pasan, xa non volven ao seu sitio.

E, con todo, teñen lugar.


Que facemos con iso?

Mesmo aí, ás veces aparece algo pequeno que si atopa sitio e lugar.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Como a flor no Guernica, pequena, case agochada... pero ten lugar.

Porque ao final non todo é ocupar.


Ás veces é estar.

E xa.

La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 26

de abril de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page