Estar sendo
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Estar sendo
"¿Cando marchamos facémolo para medrar... ou para non enfrontarnos ao que somos?
Melanie Smooter —a de Sweet Home Alabama— marchou a Nova York para
reinventarse. Cambiou de contorna e de apelido, pero cando volve recoñece:
“Podes sacar a rapaza do Sur, pero non podes sacar o Sur da rapaza.”

Dío coma se non pesase.
Pero pesa.
De noite, no cemiterio de cans, ante a tumba de Bear, baixo a lúa e as luciérnagas, Jake
deixa no aire aquela intuición de Hodding Carter Jr. (1973): pódese ter raíces e ás.
Unha e outra vez, no cine e na literatura, volvemos á mesma tensión: marchar ou quedar.
En The Wizard of Oz, Dorothy cruza mundos para descubrir que non hai lugar coma o
fogar; en Brooklyn, Eilis aprende que a pertenza tamén doe; en Cien años de soledad, os
Buendía fundan Macondo sen conseguir desprenderse da súa orixe; e en Billy Elliot, un
neno baila cara ao futuro sen traizoar o chan que o sostén.
Publicidade
Pero Simone Weil foi máis radical. En L'Enracinement escribiu:
“O enraizamento é quizais a necesidade máis importante e máis ignorada da alma
humana.”
Para ela, o verdadeiro mal do século non era só a guerra, senón o desenraizamento.
Participar de maneira real e viva nunha comunidade non é costume: é necesidade da
alma.
En 1996, a UNESCO —no Informe Delors coordinado por Jacques Delors— falou de
aprender a ser.
Ser.
Estar.
Saber ser.
Saber estar.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Porque as raíces ensínannos a ser.
As ás obrígannos a aprender a estar.
Salvatore —o neno de Cinema Paradiso— non foxe da súa orixe: transfórmaa. Jack, en
The Tree of Life, non borra o pasado: intégrano.
¿E se a verdadeira liberdade non fose romper con todo, senón saber estar?".
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 1 de
marzo de 2026.







Es un arte. Me gustó mucho 🥰
La pregunta que esconde el centro de este texto es la más difícil de todas: somos libres cuando huimos, o cuando aprendemos a quedarnos?
Has tocado algo que muy pocos escritores se atreven a rozar: esa zona donde la identidad y el movimiento se miran de frente sin que ninguno ceda. Escribir así — es un acto de honestidad. Y en un mundo lleno de ruido, eso es cada vez más raro y más necesario.