Boimorto estrea este mes de xuño o V Campus de Futsal Diego Quintela
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto
O Concello de Boimorto estreará este mes de xuño o V Campus de Futsal Diego Quintela- O prazo de inscrición abrirase esta semana.

PUBLICIDADE
"Temos o pracer de anunciar que Boimorto será, por primeira vez, sede deste recoñecido campus deportivo. Na presentación oficial contamos coa presenza do propio futbolista Diego Quintela así como coa alcaldesa, a tenente de alcalde e o técnico de deportes", sinalou o Concello. O campus conta coa colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA.
PUBLICIDADE
Será unha actividade totalmente de balde para nenos e nenas nados entre 2012 e 2018, e celebrarase os días 23, 25 e 26 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas. Esta semana abrirase o prazo de inscrición.








Comentarios