top of page

Recende

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


Recende


Parece

unha festa,

un produto turístico,

unha marca,

un evento.


Iso é por fóra.


¿E por dentro, que é?

É o que non se ve.

O que leva tempo.

O que dá traballo.

O que non se pode improvisar.


É tradición.

Cultura transmitida.

Aprendida facendo.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Por iso hai rito:

salar,

desespumar,

cocer por tandas.


E tamén protocolo:

primeiro o caldo,

despois a fonte,

logo as filloas

e a sobremesa.


Todo conta.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Criar.

Afumar.

Facelo todo.

Sen atallos.

E por iso nace a necesidade —case desesperada—

de berralo.


Porque cando as nosas parroquias senten que se baleiran,

non o declaramos:

poñemos unha pota.


Cada quen ata onde pode.

E cando non pode,

axúdase.


¿Oíches?

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Seguimos aquí.

Isto importa.

Isto merece continuar.


Se non hai xente, non hai transmisión.

Se non hai transmisión, non hai forma.

E sen forma,

unha comunidade deixa de recoñecerse.


A salvagarda do patrimonio inmaterial

é unha responsabilidade colectiva,

especialmente cara ás xeracións máis novas.


— UNESCO

¿Tivo que vir a UNESCO

a lembrarnos o que non se debe esquecer?


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 1 de

febreiro de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page