Touro celebra mañá o Samaín con obradoiros, música e a tradicional procesión da Santa Compaña
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro celebra mañá, sábado, 31 de outubro, unha nova edición do Samaín cunha programación que combinará actividades infantís, animación, música e unha das propostas máis agardadas desta cita: a procesión da Santa Compaña.

As actividades comezarán de 18:00 a 20:00 horas con obradoiros, animación e música no salón parroquial.
A programación continuará de 20:00 a 21:00 horas coa IV Procesión da Santa Compaña, que contará cun roteiro teatralizado.
PUBLICIDADE
A partir das 21:00 horas, haberá chocolateada terrorífica para repoñer forzas antes de continuar coa festa. A xornada rematará ás 21:30 horas con música pola rúa a cargo de Charanga BB+.
Desde o Concello convidan a veciñanza a participar nesta celebración e animan tamén a decorar as casas e os establecementos para contribuír a crear ambiente de Samaín nas rúas do municipio.
PUBLICIDADE
A proposta busca ofrecer unha tarde-noite de diversión para todos os públicos, mantendo viva a tradición e enchendo Touro de misterio, disfraces e espírito terrorífico.










Comentarios