top of page

Aron Ayude, de Visantoña, conquista a prata no ámbito mundial do Muay Thai

hace 6 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Santiso/Arzúa

Aron Ayude, veciño de Visantoña (Santiso) e técnico da Escola Ayude de Arzúa, vén de acadar unha medalla de prata nunha competición internacional de Muay Thai, un resultado que o sitúa entre os deportistas destacados desta disciplina a nivel mundial.

Tal e como conta a Escola Ayude a través das súas redes sociais, a Federación Española de Kickboxing e Muay Thai desprazouse á competición cun equipo de 16 deportistas co obxectivo de sumar puntos e ascender no ranking mundial da IFMA, así como de buscar a clasificación. Tras unha competición de gran esixencia, a selección española conseguiu un total de sete medallas: tres pratas e catro bronces.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Entre os resultados máis destacados figura o de Aron Ayude, que continúa coa súa preparación e formación na Escola Ayude de Arzúa. A prata acadada supón un importante recoñecemento ao seu traballo e esforzo, ademais de representar un fito para o Muay Thai galego.


De feito, esta medalla, xunto co bronce conseguido anteriormente nun Campionato do Mundo, constitúe un dos grandes logros internacionais desta disciplina en Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O resultado de Ayude reforza así a presenza galega no Muay Thai internacional e pon en valor o traballo de preparación deportiva que se desenvolve na Escola Ayude de Arzúa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page