Cando prende, prende
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Artigo de opinión de La Formalita
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan aquí
Cando prende, prende
¿Que trae decembro que xunta... e move por dentro?
Os que aparecen, os que fuxen, os que animan, os que calan,
os que non se ven... pero están—
nestes días, se todos contamos...
entón algo prende: ilumina, arraiga, emociona.

Medio planeta fai o mesmo.
Semana dos Dereitos Humanos polo mundo adiante,
e aquí outro movemento global:
as batas das avoas, que están á última.
Publicidade
Miuccia Prada —si, a de Miu Miu—
mirou para Galicia e dixo:
“isto é creatividade”.
E sacou en París o que aquí levamos décadas poñendo para ir buscar os ovos.
E claro, as San Silvestres da comarca xa están a tremer.
Como non vai haber batas cruzando a meta?
Publicidade
¿E non será o mellor momento
para verse, rir, escoitar, querer...?
¿E se os nosos propósitos empezasen xa...
antes de que xaneiro nos estrague o ánimo?
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o
cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito.
ECOS DA COMARCA— 14 de decembro de 2025
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra








Comentarios