Auga
- ecosdacomarca

- hace 2 horas
- 2 Min. de lectura
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Auga
Hoxe, 22 de marzo,
é o Día Mundial da Auga.
En 2010 recoñeceuse como dereito humano.
E enténdese.
Sen ela non hai nada.
Nós somos auga.
E algo máis.

Vivimos rodeados dela,
ríos que nos marcan,
límite e vida.
E, sen embargo, ás veces falta.
E, cando sobra... arrasa.
Valencia,
Paiporta,
Utiel.
Andalucía,
Campanillas,
Écija.
Publicidade
A auga con furia,
entrando, subindo, arrincando.
Barro,
suciedade,
suor.
Casas,
negocios,
vidas.
A mesma que se bebe
é a que afoga.
¿De quen é?
E no mar tamén.
PUBLICIDADE
Cando baixa con forza,
cando muda o sal,
cando remexe o fondo,
mata.
Berberechos,
ameixas,
vida do mar
que, de súpeto, xa non.
Estamos a expensas.
A auga dá e quita.
Non é nosa,
pero atravesa todo o que somos.
Non é só un dereito.
É límite,
é vida.
¿Sabemos tratala como tal?
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o
cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito.
ECOS DA COMARCA— 22 de marzo de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans








Comentarios