top of page

A cara que non somos

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


A cara que non somos


As máscaras, en Galicia, sempre estiveron ligadas á festa.

Cando o frío xa separa ás persoas, o Entroido serve para volver a xuntalas e poñer o

mundo do revés durante uns días.

Foto autoría: Bernabé/Javier Lalín.
Foto autoría: Bernabé/Javier Lalín.

 Ese desorde non sempre resultou cómodo para a autoridade e para a relixión: demasiado

ruído, demasiado corpo, demasiada liberdade. Tentouse acoutalo. Ao final quedou

situado xusto antes da Coresma, como un exceso tolerado antes da disciplina e do

silencio.


¿Por qué houbo sempre que poñerlle límites á festa?


Na Comarca a intención de pecar de gula non se confesaba co cura, senón co médico.

Avisábase do Entroido que viña para que fose él quen calibrase a penitencia do corpo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cando aparece a máscara, peza central, faino como unha figura con función ritual que

vén de antigo. Xa na Idade Media aparece documentada en Galicia como parte do

Entroido, e ten raíces máis fondas nos ritos de inverno europeos. Ao cubrila, quen a leva

deixa de ser individuo para actuar no nome da comunidade. A máscara non ocultaba:

autorizaba. Permitía facer cousas prohibidas o resto do ano —ridiculizar, sancionar,

perseguir, poñer o mundo do revés— sen consecuencias persoais.


Cubrir a cara significaba deixar de ser “alguén” para converterse en función. Non falaba a

persoa, falaba a comunidade. Por iso estas figuras exerceron sempre un poder temporal,

limitado e aceptado por todos.


¿Qué ocorre cando a comunidade precisa falar sen nome propio?

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Mais non todas as terras viviron o Entroido do mesmo xeito.

Na nosa Comarca, a máscara foi cedendo espazo ao disfrace, a formas chegadas de

fóra, máis lixeiras, máis visibles, ás veces importadas. O rito suavizouse. A transgresión

tomou outros camiños.


Aquí, a verdadeira forza non estivo tanto en tapar a cara como en tomar a palabra.


Na palabra improvisada, afiada e pública, que se ergue na rúa e pon nomes, culpas e

risas diante de todos. Nesa escena extraordinaria onde o corpo non se oculta, pero a voz

se transforma. Onde a orde tamén se suspende, non coa máscara, senón coa

intelixencia, coa retranca, coa memoria compartida.


A arte da Comarca —na madeira, no coiro, no metal ou no tecido— estivo sempre ao

servizo do uso. E tamén a palabra: feita para durar o tempo xusto, para golpear sen ferir,

para dicir o que non se di o resto do ano. Aquí a forma nunca se separou da vida.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

E por iso a festa non desaparece:

ás veces é máscara e carreira.


Outras, palabra improvisada ou vermú compartido.

Xa non sempre hai disfrace, pero segue habendo corpo, rúa e comunidade.


Hai festas para estar dentro.

Esta é para fóra.


¿Que nos leva, cada ano, a saír ao frío e mostrarnos así?


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 15

de febreiro de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page