Abades, un domingo de Pascua
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 2 Min. de lectura
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Abades, un domingo de Pascua
Hai dous mil anos, en Xerusalén, baixo dominio romano —provincia de Judea—, a cidade
enchíase durante a Pascua xudía de xente. Era unha festa profundamente relixiosa e
tamén política, que lembraba a liberación do pobo de Israel no Éxodo.
Roma sabíao. E temía o que podía pasar.
Por iso reforzaba a presenza militar, vixiando calquera movemento baixo a autoridade do
prefecto Poncio Pilato.
As rúas, estreitas e cheas, concentraban celebración e tensión, fe e medo, esperanza e
control.

Hoxe, nese mesmo lugar, Xerusalén, marcado pola guerra en Gaza tras os ataques de
Hamás e a resposta militar de Israel, pola tensión constante entre israelís e palestinos e
por un conflito que se estende tamén ao Líbano, Siria e Irán, a vida segue baixo forte
control.
Hoxe, nese mesmo lugar, Xerusalén, marcado pola guerra en Gaza tras os ataques de
Hamás e a resposta militar de Israel, pola tensión constante entre israelís e palestinos e
por un conflito que se estende tamén ao Líbano, Siria e Irán, a vida segue baixo forte
control.
Nun espazo onde se solapan tradicións xudías, cristiás e musulmás, a dimensión relixiosa
faise vixiada: limítanse os permisos, péchanse accesos. Non todos poden chegar aos
lugares santos.
¿Que é o que nos trae aquí?
Velaí.
O que celebramos hoxe vén de alí.
De Xerusalén, onde hai dous mil anos todo aconteceu.
PUBLICIDADE

Pero nós aquí seguimos.
En Abades.
A pedra. Románica. Barroca.
As casas. O sitio. A comarca.
A xente: a que chega e a que está.
É Pascua.
E hai rosquillas, as de sempre: fainas a xente, compártense, subástanse.
Como celebración. Como forma de estar xuntos.
Para outros, ovos de Pascua.
Aquí, rosquillas e comunidade.
Publicidade
E iso é o que temos.
O bo. O que nos rodea. O que nos xunta.
¿Sabemos velo?
¿Sabemos coidalo?
E ao final,
o que queda,
Arraigo".
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o
cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 5 de
abril de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans
Un domingo de Ramos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-domingo-de-ramos







Comentarios