top of page

A Plataforma Mina Touro - O Pino NON pide apoio nunha recollida de sinaturas contra a mina

Recalca que "a cercanía ao Camiño Francés do proxecto para reabrir unha mina a ceu aberto ás portas de Santiago, non parece a mellor idea nin estratexia económica para a protección dun ben Patrimonio Mundial da Humanidade"


Ecos da Comarca/Touro/OPino

A Plataforma Mina Touro - O Pino NON recalca que "a cercanía ao Camiño Francés do proxecto para reabrir unha mina a ceu aberto ás portas de Santiago, non parece a mellor idea nin estratexia económica para a protección dun ben Patrimonio Mundial da Humanidade". Ante isto, a plataforma está levando a cabo, xunto coa Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago, unha campaña de recollida de sinaturas "para a que pedimos apoio en contra de esta mina".


Comunicado da plataforma:


Non contaminedes o noso Camiño!

"A derradeira etapa do Camiño Francés, antes de chegar a Compostela transcurre polo Concello de O Pino. Unha parada obrigada para toda a peregrinaxe que fai esta ruta, que forma parte do Patrimonio Mundial da UNESCO. A escasos metros desta ruta do Camiño Francés, ao seu paso por Pedrouzo e Santa Irene, un proxecto de reapertura dunha mina a ceu aberto, contempla a excavación de enormes cortas mineiras, con impacto visual, sonoro, lumínico, contaminación do aire polo po de voaduras diarias con explosivos, tránsito insenso e continuado de camións, maquinaria pesada, e grave impacto paisaxístico, que terían alta visibilidade dende os albergues e dende o Camiño neses tramos.

 PUBLICIDADE

Os valores tanxibles e inmateriais que fan desta derradeira etapa, antes de entrar en Santiago, un tramo singular, veríanse gravemente alterados, así como a calidade ambiental

dun espazo cultural, que é a principal carta de presentación de Galicia para viandantes de todo o mundo.

Esta situación vai contra a preservación da autenticidade e inegridade física deste Patrimonio da Humanidade que engloba un amplo contexto cultural, ambiental e paisaxístico. Ante esta situación, a Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, como

entidad que agrupa a peregrinos y expertos en el Camino de 27 países, xa se pronunciou en 2018 sobre o proxecto mineiro en contra, polas graves implicacións que podería ocasionar ao Camiño, advertindo que deben protexerse os excepcionais valores universais que motivaron a súa inclusión pola UNESCO na Lista de Patrimonio Mundial.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A Plataforma Mina Touro- O Pino NON, consciente da gravedade da situación, colabora e pide apoia á campaña de recollida de sinaturas que a través da plataforma WemoveEU, iniciou a Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, dirixida ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Consello da Xunta, Goberno de España, Presidencia do Parlamento Europeo e UNESCO, a quenes se lles solicita a denegación do proxecto de reapertura da mina de Touro, que está en estudo actualmente, polas gravisimas repercusións que tería sobre a ruta xabobea e por tratarse dun proxecto que vai contra os valores que promove o Camiño".

Plataforma Mina Touro- O Pino NON





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page