O Concello de Touro repartirá 1.500 euros en premios no II Concurso Touro Vive o Nadal
Nesta edición haberá tres categorías e o prazo xa está aberto para anotarse
Laura Moure/Touro
O Concello de Touro pon en marcha a segunda edición do concurso «Touro vive o Nadal», unha iniciativa coa que busca fomentar o ambiente festivo e a participación de comerciantes, asociacións e veciñanza na decoración do municipio durante as festas do Nadal.

As persoas, entidades e establecementos interesados deberán presentar a súa solicitude antes do 15 de decembro de 2026. As decoracións participantes deberán permanecer expostas, como mínimo, entre o 16 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027.
PUBLICIDADE
O certame contará con tres categorías este ano: establecementos comerciais, asociacións e particulares. Esta edición como novidade hai unha terceira categoría que é a de asociacións, que poden ser veciñais, de mulleres rurais, culturais, sempre que foran inscritas no rexistro da Xunta antes da publicación das bases, que se publicaron o pasado 2 de novembro no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. "Obxectivo é que a decoración se traslade ás parroquias e premiar as mellores decoracións parroquiais", destaca o Concello.
En cada unha delas entregaranse tres premios económicos: 250 euros para o primeiro clasificado, 150 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro. Deste xeito, o concurso repartirá un total de 1.500 euros en premios, distribuídos entre as tres categorías. Ademais, todas as persoas ou entidades gañadoras recibirán un diploma acreditativo.
PUBLICIDADE
Con esta iniciativa, o Concello de Touro pretende impulsar a creatividade, engalanar as rúas e os espazos do municipio e contribuír a que o Nadal se viva dun xeito especial en todo o territorio municipal.

Toda a información nas bases no seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/11/02/2026_0000007030.pdf?fbclid=IwY2xjawVcDpFleHRuA2FlbQIxMABwZG9mBWJyaWQRMUdGV3FDRDZVcmRRYWl4S29zcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEfHJ5Ykq71V49G49Pf1jVjJbIH2bSCUHtOFzy-CKIli7SvU7jtAnwkwCwTHqI_aem_ilNelhbW-W-9uEmq_u5WAg









Comentarios