top of page

O Concello de Rodeiro celebra en novembro unha nova edición do «Rodeiro de Tapas»

hace 9 horas
2 min de lectura

Contará coa participación de oito establecementos hostaleiros


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro pon en marcha unha nova edición do Rodeiro de Tapas, unha proposta gastronómica que volve en novembro baixo o lema «Sabor de Outono», coa finalidade de dinamizar a hostalaría local, promover a gastronomía e poñer en valor os produtos propios desta época do ano.

A iniciativa está impulsada pola concelleira de Cultura, Xulia Dacal, e polo tenente de alcalde, Alberte Lamazares, no marco das accións municipais destinadas á promoción turística, á dinamización económica e ao apoio ao tecido hostaleiro do municipio.


O roteiro desenvolverase durante dúas fins de semana, concretamente os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de novembro, e contará coa participación de oito establecementos hostaleiros de Rodeiro:

 PUBLICIDADE

  • Bruxas e Coruxas.

  • Casa Achacán.

  • Casa Sánchez.

  • Café Pub Gallaecia.

  • Mesón A Roda.

  • Bar Centro.

  • Gastrobar Desito.

  • Restaurante A Latiza.


Baixo o concepto «Sabor de Outono», esta edición quere destacar os sabores propios da tempada e incentivar a creatividade dos profesionais da hostalaría, convertendo a gastronomía nun atractivo máis para achegarse a Rodeiro e coñecer a súa oferta local.


Desde o Concello quérese destacar a importancia de iniciativas deste tipo para apoiar os negocios hostaleiros, favorecer o consumo no municipio e xerar actividade social e económica. A colaboración entre a administración local e o sector da hostalaría resulta fundamental para seguir impulsando propostas que contribúan á promoción de Rodeiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O Concello agradece a implicación dos oito establecementos participantes e anima á veciñanza e ás persoas visitantes de toda a comarca a participar nesta nova edición, percorrendo os locais e descubrindo as diferentes propostas gastronómicas preparadas para a ocasión.


Rodeiro convida a saborear o outono e a descubrir o mellor da súa hostalaría.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page