top of page

As Dores

20 sept
3 min de lectura

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


As Dores


Hai máis dun século, As Dores cabían nunha pequena capela levantada onde estivera a

torre dos Condes de Lemos. Arredor dela empezaba a medrar Lalín. A vila estaba facéndose. A festa tamén.


Desde entón medrou Lalín. Medraron As Dores. E foi grazas á xente que traballa durante

meses para que nós celebremos cinco días.

A foto é sacada da internet da exposición de Misha Bies Golas no Centro Galego de Arte Contemporáneo.
A foto é sacada da internet da exposición de Misha Bies Golas no Centro Galego de Arte Contemporáneo.

O cartel deste ano tamén medrou. Case non cabe nada máis: Fillas de Cassandra, 9Louro, Cinema, París de Noia, Los Satélites, Panorama. Bandas, charangas, pasacalles, procesión, fogos, DJs, atraccións.


E xa en setembro, co verán a punto de marchar, Lalín prepáralle unha despedida á altura

para que teñamos algo que contar.


As Dores soan. Este ano tamén se miran.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pode unha festa gardar dentro un museo?


Entre orquestras e fogos, As Dores regálannos outra maneira de mirar.


Este domingo pechan en Vigo as viñetas inéditas de Laxeiro. O venres chegan a Lalín os

seus monos: corenta e nove viñetas publicadas entre 1928 e 1930. Tiña vinte anos. Antes

dos museos, Laxeiro entrou nas casas polo xornal.


Ao outro lado do século está Misha Bies Golas, que acaba de expoñer no CGAC e resulta

chamarse Miguel Calvo Ulloa, de Lalín. Case nos gusta máis. De rapaz entrou alí para mirar. Trinta anos despois volveu para que mirásemos nós.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Poñemos un mono de Laxeiro ao lado dunha obra de Miguel. A palabra entra na imaxe.

Aparecen a liña, o fragmento, o collage, os obxectos correntes. Case cen anos.

Como pode encoller tanto un século?


Aquilo foi vangarda. De tanto entrar nos carteis, nos xornais e nas pantallas, acabou entrando tamén na nosa mirada.


E estes días, once artistas de Lalín expoñen na rúa. A lista é case cómica de tan boa. Presumir dos que chegaron é fácil. Nas Dores temos diante os que están chegando.

Saberemos mirar a tempo?

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 20

de setembro de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:

1 comentario


I've always thought of festivals as the loud part of life and art as the quiet part. This article made me question that. Both are just ways of paying attention.


What struck me most is how a century can shrink. Laxeiro's drawings once felt strange, and now they feel like part of how we see. It makes me wonder what we're absorbing today without noticing, and what we'll only recognize a hundred years from now.


I also like that the article thanks the people behind the party. Five days of celebration rest on months of quiet work. Someone always looks first, and someone always works first, so the rest of us can enjoy it.

Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page