Mirar aos lados
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Mirar aos lados
Hoxe é 6 de setembro.
Dentro de dous días celébrase a Natividade da Virxe e Galicia volverá encherse de
romarías. No Faro, aquí preto, volveremos ver o monte cheo de xente subindo ata a Virxe.
Por que levamos séculos facendo isto?
Fomos para pedir, agradecer, cumprir unha promesa.
Para quen ten fe, é fe. Pero arredor hai tamén arquitectura, música, comida, paisaxe,
historias, costumes. Cultura.
En moitos lugares, o camiño xa estaba antes ca o santuario: rutas antigas, fontes, montes.
PUBLICIDADE
Cantas cousas seguimos facendo sen saber por que?
Desde Melide e Arzúa ata Deza, o Camiño Francés, o Camiño de Inverno e a Vía da Prata ou Camiño Mozárabe atravesan o noso territorio camiño de Santiago.
Estamos no medio dun dos grandes corredores culturais e económicos do mundo. Por
aquí pasa xente de todas partes buscando precisamente todo iso.
Pero pasa. A frecha leva a Santiago.
E moi preto están Pena de Francia, O Faro, Monserrat, As Dores, O Corpiño, A Saleta, Santa Isabel, Os Desamparados, Gundían...

Como pode pasar tanta xente tan preto sen saber o que temos aquí?
Os lugares xa estaban. Faltaba unilos.
Así nace neste territorio a Ruta Mariana: un percorrido que conecta vinte e cinco santuarios arredor dos Camiños de Santiago que atravesan a nosa comarca, coa idea de
ensanchar o Camiño.
Mirar aos lados. Saír da frecha. Parar. Entrar nunha aldea. Atopar unha igrexa aberta,
unha fonte, unha historia. Quedar un pouco máis.
O patrimonio tamén pode desaparecer coa pedra perfectamente no seu sitio: cando pecha unha porta, deixa de andarse un camiño ou de contarse unha historia.
PUBLICIDADE
Dentro de dous días moitos destes lugares estarán cheos.
E o día 9?
Marchará a música. Pecharán algunhas portas.
A xente seguirá pasando camiño de Santiago.
E se nos toca a nós conseguir que tamén mire aos lados?
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o
cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 6 de
setembro de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans
Un domingo de Ramos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-domingo-de-ramos
Abades, un domingo de Pascua: https://www.ecosdacomarca.com/post/abades-un-domingo-de-pascua
Memoria e innovación: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-e-innovaci%C3%B3n
26 de abril: https://www.ecosdacomarca.com/post/26-de-abril
Trevos de catro follas: https://www.ecosdacomarca.com/post/trevos-de-catro-follas
Hai cousas que volven... e outras que cambian: https://www.ecosdacomarca.com/post/hai-cousas-que-volven-e-outras-que-cambian
Memoria nas letras: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-nas-letras
Entre tratos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entre-tratos
Non só para o verán: https://www.ecosdacomarca.com/post/non-s%C3%B3-para-o-ver%C3%A1n
Pequenas cousas: https://www.ecosdacomarca.com/post/pequenas-cousas
O esforzo invisible: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-esforzo-invisible
A Esperanza: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-esperanza
Entendérmonos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entend%C3%A9rmonos
As primeiras veces: https://www.ecosdacomarca.com/post/as-primeiras-veces
O Peregrino: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-peregrino
Aquí seguimos: https://www.ecosdacomarca.com/post/aqu%C3%AD-seguimos
Facer nada: https://www.ecosdacomarca.com/post/facer-nada









Sometimes life is not only about reaching the destination, but about learning to see what quietly exists along the way. We often pass by treasures without noticing them, focused on what lies ahead. Thank you for this thoughtful reminder that attention is also a form of gratitude, and that every place has a story waiting for someone willing to pause and listen.
Nos evanxeos non se menciona cando nace María. É un caso de sincretismo relixioso. A Igrexa alá polos séculos VI- VII oficializa un 8 de setembro, coincidindo co final do verán e o momento de recoller os últimos froitos do ano (cereais, castañas...,cas landras facían pan os castrexos, que moían nos muíños castrexos de pedra). Na antiga relixión celta e pre-romana, este período estaba consagrado a dar grazas á Deusa Nai (a protectora da fertilidade e da terra), na nósa terra esa deidade era a Deusa Navia (Nabia). A Igrexa católica substituíu esta deidade feminina pola figura da Virxe María para cristianizar o "agradecemento polas colleitas".