top of page

O Froito

La Formalita/Xeral

Cousas que se pensan


  O Froito


Hai palabras que admiramos demasiado.


Perfección.


Excelencia.


Éxito.

foto dunha maceira con froito sacada da internet.
foto dunha maceira con froito sacada da internet.

Case todas falan de chegar a algún sitio.


Pero, na aldea, a natureza leva séculos xogando con outras palabras.


A maceira florece. A abella constrúe. A terra abre paso á semente. Nada existe para si.


Poucas cousas hai máis esixentes ca a natureza. Non aforra esforzo, non renuncia á

beleza nin acepta a mediocridade. Parece saber que toda esa esixencia só ten sentido

cando acaba facendo posible outra vida.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Cando nos esiximos, que estamos intentando facer posible?


Quizais o que nos fascina da perfección é que parece un cumio. Pero a natureza nunca

se detén no cumio. Cando chega a flor, xa está preparando o froito. Cando chega o

froito, xa está gardando a semente. Cando cae a folla, xa está pensando na seguinte

primavera.


Na natureza nada remata onde parece rematar.


A que lle dedicamos máis tempo: a parecer perfectos ou a dar froito?

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Talvez por iso a excelencia tampouco consista en non fallar. Consista en poñer todo o

que somos ao servizo de algo que nos supera.


Porque crear non é facer máis cousas.


É dar froito.


Que estamos sementando hoxe para que un día dea froito?



La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 19

de xullo de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:

2 comentarios


We spend so much energy trying to look perfect — polishing the outside, avoiding mistakes — and forget that nature doesn’t work that way at all. The apple tree isn’t trying to impress anyone; it’s just quietly doing what it’s built to do, one season leading into the next, always making room for what comes after. That line about the flower already preparing the fruit, and the fruit already saving the seed, really stayed with me. Maybe that’s the real difference between looking successful and actually being useful to something bigger than yourself. Thank you for putting it so simply. 🍎🌱

Me gusta

xanerpe
19 jul

Como debemos reaccionar cando un colindante nos move unha mouteira ? Como responder cando os traidores golpistas do 36 che moven o marco da convivencia colectiva (90 aniversario) ? Que facer cando vexo q un axente medioambiental, nos seus ratos libres, está fumigando con herbicida unha silveira ?

Só coñezo unha resposta. A mellor semente contra a ignorancia é a EDUCACIÓN EN VALORES, pero para que xermine, hai que sementala !


Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page