O que falta
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
O que falta
Carboeiro non está enteiro.
Coa desamortización de 1835-1836 marcharon os monxes e o mosteiro quedou baleiro.
Sen ninguén que o coidase, empezou o abandono. Cederon as cubertas, entrou a chuvia,
medrou a vexetación. E tamén chegou o expolio.
Foron desaparecendo pedras, sillares, columnas, pezas escultóricas. Unhas acabaron noutras construcións. Outras tiñan mercado.
Primeiro quedou baleiro. Despois empezaron a baleiralo.

En 1957 alguén arrancou da portada dúas esculturas románicas do século XII: un Cristo en Maxestade e os símbolos de San Lucas e San Xoán.
Non sabemos quen foi. Nin como as levou. Sabemos que marcharon.
Saíron de Galicia, pasaron por mans privadas e en 1980 acabaron no Museu Frederic Marès de Barcelona, que as adquiriu sen saber que foran roubadas.
PUBLICIDADE
Carboeiro quedou aquí, sobre o Deza.
As pedras, alí.
E seguramente moitos nin sabiamos que faltaban.
Como se bota de menos algo que non sabiamos que perderamos?
Ata que apareceu unha carta.
Francisco Prado-Vilar investigaba outro expolio cando atopou un escrito de Filgueira
Valverde de 1957 denunciando a desaparición das dúas pezas.
Máis de sesenta anos despois, aquel papel non devolveu as pedras.
Devolveunos a falta.
E desde entón volvemos e miramos doutra maneira.
De tanto volver, acabamos sentíndoo noso?
Sabemos o camiño. Recoñecemos a sombra, o son da auga. Levamos a alguén e
dicimos:—Tes que ver isto.
E queremos atopalo enteiro.
Este ano chegou a boa noticia.
Case setenta anos despois, as dúas esculturas volveron a Galicia. Están no Museo das
Peregrinacións de Santiago, cedidas polo museo de Barcelona por dez anos prorrogables.
Tranquiliza sabelo.
Están preto. Podemos ir velas. Recoñecelas. Levar a alguén e dicir outra vez:—Tes que ver isto.
Pero despois volvemos a Carboeiro.
PUBLICIDADE
E xa non o miramos igual.
Non sabemos se unhas esculturas de oitocentos anos poden ou deben volver fisicamente ao lugar do que saíron. Hai conservación, seguridade e moitas cousas que pensar.
Pero a sensación queda. As pedras volveron.
Carboeiro segue aquí. E Carboeiro segue sen estar enteiro.
Pode algo volver e seguir faltando?
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 13
de setembro de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans
Un domingo de Ramos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-domingo-de-ramos
Abades, un domingo de Pascua: https://www.ecosdacomarca.com/post/abades-un-domingo-de-pascua
Memoria e innovación: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-e-innovaci%C3%B3n
26 de abril: https://www.ecosdacomarca.com/post/26-de-abril
Trevos de catro follas: https://www.ecosdacomarca.com/post/trevos-de-catro-follas
Hai cousas que volven... e outras que cambian: https://www.ecosdacomarca.com/post/hai-cousas-que-volven-e-outras-que-cambian
Memoria nas letras: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-nas-letras
Entre tratos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entre-tratos
Non só para o verán: https://www.ecosdacomarca.com/post/non-s%C3%B3-para-o-ver%C3%A1n
Pequenas cousas: https://www.ecosdacomarca.com/post/pequenas-cousas
O esforzo invisible: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-esforzo-invisible
A Esperanza: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-esperanza
Entendérmonos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entend%C3%A9rmonos
As primeiras veces: https://www.ecosdacomarca.com/post/as-primeiras-veces
O Peregrino: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-peregrino
Aquí seguimos: https://www.ecosdacomarca.com/post/aqu%C3%AD-seguimos
Facer nada: https://www.ecosdacomarca.com/post/facer-nada
Mirar aos lados: https://www.ecosdacomarca.com/post/mirar-aos-lados









A xanela retrospectiva: primeiro durante centos de millóns de anos, a Natureza conformou o meandro do Deza en Carboeiro. Perante outros centos de miles de anos sería un loci Sancti, lugar sagrado de tradición pagá. Daríaselle culto a deuses indíxenas, protectores de Augas, Fontes, ciclos agrícolas...(ex Bandua, Deidades acuáticas...). Na Idade de Ferro, posiblemente sería asentamento castrexo. Desaparecidos os reinos suevo e visigodo, un tal Egica estabelecería unha eremita cristiá, para encamiñar e redirixir a devoción ancestral pagá (sincretismo relixioso), que os condes de Deza no sec X adquiren para fundar o mosteiro de Carboeiro que perdurará ata as desamortización de Mendizábal 1835, cando sufriría o citado expolio.
What is missing often reveals what truly belongs to us. This beautiful reflection reminds us that heritage is not only made of stones and history, but also of memory, care, and the quiet bond we build with places over time.