top of page

Xa podes apoiar a ECOS DA COMARCA por 0,99 euros ao mes!

hace 13 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Xeral

Hai cousas que non teñen prezo. Unha historia contada desde aquí. Unha festa da nosa parroquia. A voz dunha veciña. A reivindicación dun concello. Unha noticia que lle pode axudar a alguén. A problemática do teu pobo, pero que lle interesa ao teu veciño que non lle quedou outra que emigrar.


En ECOS DA COMARCA levamos anos intentando facer precisamente iso: estar onde pasan as cousas e contalas. Con independencia, con proximidade e, sobre todo, con moitas horas de traballo detrás de cada noticia, de cada vídeo e de cada publicación.

Agora queremos contarvos que xa podedes subscribirvos ao noso Facebook por tan só 0,99 euros ao mes.


E queremos deixar algo moi claro: non teredes contido exclusivo nin ningunha vantaxe especial. Todo o que facemos seguirá estando aí, aberto para todos, como ata agora.


Entón, para que serve subscribirse?

Serve simplemente para apoiarnos.

Para dicirnos: “Gústame o que facedes. Quero que sigades aí.”

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Porque 0,99 euros poden parecer pouca cousa. É menos do que custa un café. Pero, cando son moitas persoas as que poñen un pequeno gran de area, para un medio independente coma o noso pode significar moito.


Significa axudarnos a seguir pagando desprazamentos, equipos, ferramentas, autónomos, e, sobre todo, a poder dedicar horas a ese xornalismo de proximidade que ás veces só existe porque alguén decidiu estar alí para contalo.


Non vos pedimos que paguedes por ler ECOS DA COMARCA.

Pedímosvos que, se valorades o noso traballo, vós axudamos nalgún momento e queredes agora axudarnos a continuar, consideredes subscribirvos.

Por 0,99 euros ao mes.

Un pequeno xesto para vós.

Un grande apoio para nós.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Grazas por estar ao outro lado. E por axudarnos a que os ecos desta comarca sigan chegando cada día un pouco máis lonxe.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page