top of page

Alberte Lamazares: "Luis López está desacreditando a Deputación por intereses electorais"

hace 14 minutos
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Rodeiro

O alcalde en funcións de Rodeiro, Alberte Lamazares, considera "lamentable" que o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, "estea utilizando a institución provincial para intentar xustificar unha decisión política que está a prexudicar aos veciños de Rodeiro".

Alberte Lamazares.
Alberte Lamazares.

"O expediente do vial de Carboentes aparece na propia web da Deputación como listo para fiscalización. Ademais, o requirimento realizado pola Deputación o 22 de abril foi contestado polo Concello e nel non se facía referencia ás cuestións que agora se están trasladando publicamente", sinala Lamazares.


Ademais afirma tamén que o Concello de Rodeiro non recibiu en xuño ningún requirimento como o que agora asegura a Deputación, polo que considera que "Luis López debería explicar de onde sae esa afirmación".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ante esta situación, o Concello de Rodeiro solicitou xa á Deputación acceso ao expediente completo, co obxectivo de coñecer todos os informes e actuacións realizadas na súa tramitación. "Temos fundadas sospeitas de que se están producindo prácticas dilatorias por razóns alleas á legalidade e vinculadas exclusivamente a unha decisión política. Por iso queremos coñecer exactamente que está acontecendo e que decisións se están tomando dentro da Deputación", sinala Lamazares.


O alcalde en funcións considera especialmente grave que un investimento de 494.723 euros para Rodeiro leve meses sen avanzar, mentres a Deputación continúa aprobando solicitudes doutros concellos. "Luis López está facendo méritos máis que suficientes para ser reprobado polo Concello de Rodeiro, pero aínda está a tempo de rectificar. Ten unha oportunidade para deixar de utilizar a Deputación con fins políticos, desbloquear os fondos de Rodeiro e cumprir cos veciños deste concello".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"Non pedimos ningún trato de favor. Pedimos que Rodeiro sexa tratado como o resto dos concellos da provincia. Luis López non debería desacreditar o prestixio dunha institución como a Deputación de Pontevedra por intereses electorais".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page