top of page

Os escaparates máxicos do comercio 2026-2027 de Lalín terá como temática as Aldeas de Nada

hace 49 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Lalín

O edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero acolleu este martes, 27 de outubro, unha reunión de traballo cunha vintena de comerciantes locais para avanzar na preparación dos Escaparates Máxicos do Comercio, unha iniciativa que este ano terá como temática común as Aldeas de Nadal de Lalín.

Cómpre destacar que foi unha xuntanza de traballo convocada pola concelleira responsable das Aldeas de Nadal, Karen Fernández, que contou coa participación de Luchi Iglesias, responsable da execución do proxecto das Aldeas, que ofreceu consellos para a realización destes elementos de dinamización. A xuntanza serviu para explicar a proposta aos establecementos e avanzar na coordinación da súa participación na programación de Nadal. Tomaron parte tamén nela a concelleira de Comercio e Promoción Económica, Beatriz Canda e representación de Aedeza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Durante a xuntanza acordouse por unanimidade que todos os escaparates participantes estarán inspirados na temática das Aldeas de Nadal, co obxectivo de crear unha ambientación conxunta que contribúa a reforzar o atractivo das rúas e dos establecementos comerciais durante estas festas.


Desde a organización facilitaráselles aos comerciantes información e detalles sobre as Aldeas de Nadal para que poidan preparar as súas propostas, ademais da orientación e dos consellos prácticos para a elaboración dos detalles decorativos por parte de Luchi Iglesias. Os escaparates deberán estar preparados para o vindeiro 4 de decembro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Esta reunión enmárcase nos traballos previos á posta en marcha dos Escaparates Máxicos e das Aldeas de Nadal, dúas iniciativas asentadas coas que se dinamiza o comercio local, se fomenta a participación dos establecementos e continúa afianzando Lalín como referente durante o Nadal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page