top of page

As ganas

hace 6 minutos
2 min de lectura

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


As ganas


«Non teño ganas». De recoller, facer os deberes, traballar. Aprendemos a dicilo de pequenos e seguimos practicando. Ninguén as viu, pero o que mandan!


Quen lles deu tanto poder?

Imaxe é de San Jorge e o dragón de Paolo Uccello, sacada da internet.
Imaxe é de San Jorge e o dragón de Paolo Uccello, sacada da internet.

Ás veces, ese «non teño ganas» é un dragón que non nos deixa saír. Conseguimos saír e agora non temos ganas de volver.


Outras temos ganas sen saber de que. Propóñennos algo: «iso non». Estamos dispoñibles, pero non desesperados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ti tamén?


Ganas de coñecer xente, aprender algo, que o día nos sorprenda. Na aldea, vivindo nela ou de visita, tamén queremos que pasen cousas. Se as ganas non atopan onde ir, chega a frustración. Un espera que o chamen; outro non chama por non molestar. Despois dicimos que aquí non hai nada. Tampouco avisamos.


Ter ganas, quedar con ganas, morrer de ganas. Ata facer o que nos dá a gana. Algunha saída lles atoparemos.


Como escribiu Machado, «Hoy es siempre todavía». Aínda hai cousas por probar e xente que nos alegrará coñecer.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

E se empezamos nós?


Unha chamada, un paseo, un café. As ganas poden chegar despois. Se xa as temos, poñámolas.


Todo é empezar.


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de

mirar o cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 18 de outubro de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page