top of page

2.131 opositores asistiron onte as probas da fase de oposición do Servizo Galego de Saúde en Silleda

hace 3 minutos
2 min de lectura

Os exames continuarán, hoxe, domingo


Laura Moure/Silleda

O Recinto Feiral Internacional de Silleda, acolleu onte, pola tarde, as probas de acceso ás categorías de fisioterapeuta, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, fontaneiro e técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde, uns exames que acadaron unha participación do 82,79 %. A quenda vespertina, contou coa participación de 2.131 opositores, dos 2.574 que resultaron admitidos.

Nomeadamente, dos 870 aspirantes admitidos na categoría de fisioterapeuta acudiron a realización da probas 719 persoas (82,6 %), 1.190 dos 1.407 inscritos na de técnico superior en imaxe para o diagnóstico (84,6%), 124 dos 156 da categoría de fontaneiro (79,5 %), e 98 dos 141 da de técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información (69,5 %).


En canto as prazas ofertadas nestas categorías, o departamento sanitario da Xunta oferta nesta convocatoria 27 de fisioterapeuta, 67 de técnico superior en imaxe para o diagnóstico, 8 de fontaneiro e 5 de técnico especialista en sistemas e tecnoloxías da información.


78 % de participación na quenda da mañá

Os exames celebrados esta mañá, correspondentes ás especialidades de técnico de farmacia, logopedista e condutor, acadaron unha participación do 78,79 %, ao acudir á realización das probas 1.545 opositores, dos 1.961 que estaban inscritos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En concreto, dos 1.273 opositores convocados para a categoría de técnico de farmacia realizaron o exame 1.007 persoas (79,1 %), dos 219 logopedistas asistiron 200 aspirantes (91,3 %) e, na categoría de condutor completaron a proba un total de 338 opositores, dos 469 convocados (72%).


9.500 opositores convocados este domingo

Os exames desta fin de semana completaranse na xornada de hoxe, domingo. Así, desde as 16:00 horas celebraranse as probas da fase de oposición correspondentes ás categorías de técnico en coidados auxiliares de enfermería (tanto na quenda xeral como na de discapacidade intelectual) e na técnico en farmacia (quenda de discapacidade intelectual).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Neste caso, resultaron admitidos un total de 9.561 aspirantes, pertencendo 9.555 opositores á categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería, que poderán acceder a un total de 1.306 prazas; e 6 os aspirantes para a categoría de técnico de farmacia da quenda discapacidade intelectual.


Entre os meses de outubro e novembro, o Servizo Galego de Saúde oferta un total de 2.223 prazas distribuídas en 22 categorías.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page