top of page

Ulloa Viva pídelle á Xunta “coherencia” e que denegue o proxecto de Altri que considera “morto”

hace 6 minutos
4 min de lectura

A Plataforma lembra ás conselleiras de Medio Ambiente e Economía que “non son de fiarlogo de anos defendendo o proxecto”


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva, diante das declaracións feitas onte en sede parlamentaria polas conselleiras de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, e a de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a respecto do proxecto de Altri, pide de novo á Xunta de Galicia “que enterre e denegue definitivamente o proxecto si é que como aseguraron ambas conselleiras no Parlamento está morto”.


A Plataforma reitera que as veciñas e veciños afectados polo proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei “estamos desexando cerrar este capítulo e poder vivir tranquilos”, de xeito que “si despois de 4 anos de loita agora a Xunta di no Parlamento que o proxecto está morto por coherencia o que teñen que facer é enterralo denegando definitivamente, concesión de Augas incluída”. Ulloa Viva considera que “esta sería a maneira de darlle descanso a unha poboación á que a Xunta de Galicia leva facendo sufrir catro anos e aínda non nos pediu perdón”.

Manifestación contra Altri en Compostela.
Manifestación contra Altri en Compostela.

A conselleria melidense, segundo recolleron onte os medios de comunicación, dixo textualmente o venres na Comisión de Economía do Parlamento galego: “Altri está morto, non se pode resucitar”. Ulloa Viva agradecería estas palabras da conselleira se non fora que é a mesma responsable política que nos últimos meses ten posto parte da “alfombra vermella” coa que o goberno da Xunta concedeu o pasado mes de marzo de 2025 unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) positiva á macrocelulosa.


O 15 de marzo de 2025, a mesma conselleira de Medio Ambiente dicía nunha visita a Ferrol, ‘nunha información publicada por La Región: “La conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, ha defendido este sábado la declaración ambiental favorable a Altri, otorgada por la Xunta de Galicia. Vázquez subrayó que esta decisión se basa en un “informe minucioso” respaldado por 42 técnicos, asegurando que las preocupaciones sobre salud, emisiones y consumo de agua fueron aclaradas. Además, destacó que, aparte de lo que exige la ley, la Xunta hizo más demandas, lo que redujo los aportes de nitrógeno y fósforo hasta un 70%. En cuanto a las críticas, señaló que se trataba de demagogia sin interés en cuidar el medio ambiente. Vázquez recalcó que la Xunta fue muy exigente en el análisis del proyecto y que eso permitió una evaluación más detallada, lo que generó un informe exhaustivo. En cuanto a las personas que aún tenían dudas, aseguró que ahora podían estar tranquilas gracias al trabajo riguroso realizado por los técnicos".


Pouco antes, en decembro do 2024, apunta Ulloa Viva, segundo El Correo Gallego: “Ángeles Vázquez defiende la tramitación del proyecto de Altri: Cumpliendo la ley, las empresas pueden instalarse. Na Cadena Ser, un mes despois, a mesma conselleira de Medio Ambiente ironizaba: Ánxelez Vázquez:¡Qué listos son todos estos que ya conocen el expediente de Altri!. La conselleira de Medio Ambiente afirma que tendrán listos todos los informes a lo largo de este primer trimestre.


A estas declaracións da conselleira de Medio Ambiente poden sumarse nestes anos, sinala a plataforma, “unha suma inumerable de apoios do seu departamento a Altri e críticas ás veciñas e veciños que nos opuxemos desde o comezo a este proxecto e aos que nunca tivo a ben recibirnos”. De feito, facendo consulta sobre o tema coa IA, a resposta da intelixencia artificial a respecto de Altri e Ánxeles Vázquez é moi clarificadora: “A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ánxeles Vázquez, defendeu en repetidas ocasións no Parlamento de Galicia a tramitación do

proxecto industrial de Altri en Palas de Rei”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A Plataforma Ulloa Viva “lamenta” que logo de anos de loita contra a macrocelulosa “ningunha das dúas conselleiras que onte (polo venres) deron por feito no Parlamento que o proxecto está morto tivo a ben reunirse con nós nin darnos información algunha a

respecto da tramitación”. Pola contra, onte mesmo (polo venres) e coincidindo coa comparecencia da conselleira de Medio Ambiente no Parlamento, o director xeral de Augas de Galicia asinaba electronicamente ás 14:33 horas un documento dilatando de novo o acceso da Plataforma ao expediente da captación de 46 millóns de litros de auga

diarios do encoro de Portodemouros case un ano despois de que Ulloa Viva demandara esta información.


Recurso para exixir a denegación

No mesmo caso, salienta Ulloa Viva, está a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, "que onte (polo venres) na Comisión de Economía do Parlamento de Galicia dixo, segundo publican hoxe (por onte) os medios, que "ao mellor a oposición quere resucitar o proxecto de Altri, porque hai quen interpuxo un recurso contra o arquivo. Queren que siga vivo para poder falar de algo". A respecto destas palabras, a Plataforma

Ulloa Viva quere aclarar á conselleira que “por suposto que imos recorrer e así o anunciamos, o arquivo en falso de Altri co que a Xunta de Galicia semella que só pretende gañar tempo e deixar a ameaza da macrocelulosa nun caixón agardando tempos políticos mellores”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ulloa Viva aféalle á conselleira “que considere oposición ás veciñas e veciños que levamos catro anos aportando datos para defender o noso territorio, a nosa saúde e o noso futuro”. Desde a Plataforma advirten a Lorenzana que “temos moitas cousas das que falar, e moito tempo que recuperar das nosas vidas que entregamos a loitar contra Altri e contra a Xunta, quitándolle ás nosas familias e ás nosas vidas por culpa dun goberno que nos obrigou a defendernos del e dunha multinacional portuguesa”.


A Plataforma anunciou diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que presentará un recurso contencioso administrativo contra o arquivo “en falso” que a Xunta pretende agora do proxecto. “Seguiremos adiante para que o proxecto se denegue e se enterre”, advirten desde a Plataforma á conselleira, “pero si realmente non quere dar que falar o que pode facer é denegar o proxecto xa, devolver a súa vida ás veciñas e veciños e pedirnos perdón polos 4 anos de loita para defendernos dun goberno que supostamente está para defender aos seus cidadáns”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page