top of page

Para cando veñas

hace 2 minutos
2 min de lectura

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


 Para cando veñas


A raposa do Principiño sabía que, se el viña ás catro, a alegría podía empezar ás tres. Para o Nadal tamén temos ese tempo de antes. Chamámoslle Advento.

O Principiño coa raposa e o ceo estrelado. (Imaxe sacada da internet)
O Principiño coa raposa e o ceo estrelado. (Imaxe sacada da internet)

Que cambia cando temos algo que nos fai ilusión?


Non todos chegamos a decembro do mesmo xeito. Hai anos nos que nos fai ilusión ata sacar as luces da caixa. Noutros botamos de menos a alguén ou as ganas de antes.

PUBLICIDADE

E se a espera nos prepara para recibir?


Santo Agostiño dicía que a espera ensancha o desexo. Explicábao cun saco: se o que imos recibir non cabe, hai que ensanchalo. A raposa fíxolle sitio á visita antes de que chegase. Por iso xa lle cambiara a tarde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

E nós, que queremos que chegue?


Ás veces, todo empeza cun «ven». Outras, cun «vou».


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar

o cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA—

29 de novembro de 2026.


MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page