O que nos toca
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
O que nos toca
Unha praza ten o seu son. Cando toca a banda, ten música. Son os mesmos instrumentos do ensaio, pero agora o que aprenderon uns queda ao alcance de todos.
Canto traballo fai falta para que algo nos soe tan ben?

O son entra polo oído e o cerebro recoñece, lembra, emociónase, segue o ritmo. Ás veces ata gozamos esperando a nota que vén. A música pode darnos pracer antes de chegar ao noso anaco favorito.
A beleza tamén é iso: algo que escoitamos e nos dá gusto estar aquí.
PUBLICIDADE
Canto do que somos aprendemos escoitando?
No noso rural, moito. Cantigas que pasaron entre xeracións, músicos que aprenderon doutros. Tocar de oído é reproducir o que escoitamos sen ler unha partitura: require memoria, práctica e atención. Nas bandas e nas escolas hai formación musical, estudo e horas de ensaio. O que parece que sae só leva moito traballo detrás.
PUBLICIDADE
Este domingo, 22 de novembro, celebramos Santa Cecilia, patroa da música e dos músicos. A quen toca e a quen ensina debémoslles tamén esa maneira de estar xuntos.
Como soaría unha festa sen eles?
Hoxe merecen escoitar o noso aplauso. Que tamén soa ben.
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar
o cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA—
22 de novembro de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans
Un domingo de Ramos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-domingo-de-ramos
Abades, un domingo de Pascua: https://www.ecosdacomarca.com/post/abades-un-domingo-de-pascua
Memoria e innovación: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-e-innovaci%C3%B3n
26 de abril: https://www.ecosdacomarca.com/post/26-de-abril
Trevos de catro follas: https://www.ecosdacomarca.com/post/trevos-de-catro-follas
Hai cousas que volven... e outras que cambian: https://www.ecosdacomarca.com/post/hai-cousas-que-volven-e-outras-que-cambian
Memoria nas letras: https://www.ecosdacomarca.com/post/memoria-nas-letras
Entre tratos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entre-tratos
Non só para o verán: https://www.ecosdacomarca.com/post/non-s%C3%B3-para-o-ver%C3%A1n
Pequenas cousas: https://www.ecosdacomarca.com/post/pequenas-cousas
O esforzo invisible: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-esforzo-invisible
A Esperanza: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-esperanza
Entendérmonos: https://www.ecosdacomarca.com/post/entend%C3%A9rmonos
As primeiras veces: https://www.ecosdacomarca.com/post/as-primeiras-veces
O Peregrino: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-peregrino
Aquí seguimos: https://www.ecosdacomarca.com/post/aqu%C3%AD-seguimos
Facer nada: https://www.ecosdacomarca.com/post/facer-nada
Mirar aos lados: https://www.ecosdacomarca.com/post/mirar-aos-lados
O que falta: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-que-falta
Onde pisamos: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-pisamos
Un dos nosos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-dos-nosos
Só unha hora: https://www.ecosdacomarca.com/post/s%C3%B3-unha-hora
Xa o fago eu: https://www.ecosdacomarca.com/post/xa-o-fago-eu
Para aforrar hai que ter: https://www.ecosdacomarca.com/post/para-aforrar-hai-que-ter









Comentarios