top of page

O BNG denuncia a falta de planificación da Xunta no CPI de Rodeiro

hace 3 minutos
2 min de lectura

A deputada Ariadna Fernández reclama a cobertura inmediata das dúas prazas de

auxiliar de cociña e que se compense economicamente ás familias


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para denunciar a situación vivida os días 19 e 20 de novembro no CPI de Rodeiro, onde aproximadamente 80 nenos e nenas viron alterado o servizo de comedor escolar pola falta de cobertura de dúas prazas de auxiliar de cociña. A incorporación de dúas traballadoras aos seus novos destinos, como consecuencia do concurso de traslados convocado pola propia Xunta de Galicia, deixou o centro cunha única cociñeira e sen persoal suficiente para elaborar os menús previstos. Esta situación obrigou a substituír a comida habitual por bocadillos o xoves e empanada o venres, provocando o malestar das familias.

A deputada nacionalista Ariadna Fernández cualifica o sucedido "dun exemplo máis da falta de planificación da Xunta, que coñecía con antelación os movementos de persoal e, aínda así, foi incapaz de garantir un servizo tan básico como o comedor escolar.”

Fernández considera especialmente grave que esta situación se produza nun centro do rural, onde o comedor constitúe un recurso fundamental para a conciliación das familias. "Non estamos falando dun imprevisto, senón dun concurso de traslados organizado pola propia Administración. O que non pode ser é que a falta de previsión da Xunta a acaben pagando os nenos e nenas e as súas familias", sinala.

 PUBLICIDADE

Desde o BNG lembran que esta situación non é un caso illado, posto que xa se viviu anteriormente no CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, en Piloño, o que evidencia a necesidade de establecer mecanismos que garantan a cobertura das vacantes de persoal nos centros educativos.


A formación nacionalista traslada tamén que "non é aceptable que as familias teñan que asumir o custo dun servizo que non recibiron nas condicións previstas, especialmente cando nin sequera foron informadas coa antelación suficiente para organizar alternativas". Por todo isto, o BNG reclama á Xunta a cobertura inmediata das dúas prazas vacantes, a compensación económica ás familias afectadas e a posta en marcha de mecanismos de planificación que impidan que estas situacións se repitan.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"A educación pública no rural non pode seguir funcionando a base de improvisacións. A Xunta ten a obriga de garantir os recursos humanos necesarios para que todos os centros educativos poidan prestar os seus servizos con normalidade, independentemente do concello no que se atopen", conclúe a deputada nacionalista.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page