top of page

Mañá, día 30, remata o prazo para alegar contra a liña de alta tensión Cunca-Rodeira- Silleda

hace 6 minutos
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Mañá, luns 30 de novembro, remata o prazo para presentar alegacións o proxecto da liña de alta tensión Cunca-Rodeira- Silleda. As alegacións pódense descargar no grupo WhatsApp ou Facebook da Plataforma de Afectadas/os Eólicos Vila de Cruces e ademais de poder obter toda a información información do proxecto. Asemade, as alegacións pódense entregar nos rexistros dos concellos ou de maneira telemática.

 PUBLICIDADE

Tal e como informa a Plataforma Veciñxs Afectadxs Eolicos Vila de Cruces, a lista de propiedades afectadas polo proxecto, que ao estar declaradas de utilidade pública permite a expropiación do terreo, publicouse no DOG o 20 de outubro. Salienta que o trazado desta liña de evacuación está preto de núcleos de poboación e vivendas, e pode causar impactos sobre a saúde das casas mais próximas, os bosques autóctonos, masas de auga así como sinal telefónico e de televisión.

"No seu percorrido atravesa bosques de carballos con árbores centenarias e varias plantacións de castiñeiros. A liña eléctrica transportará enerxía procedente dos parques eólicos de Cunca e Rodeira, cuxa construción foi paralizada temporalmente polo

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O proxecto discorrería por terreos pertencentes aos concellos de Vila de Cruces, Lalín e Silleda. A subestación, din, está a 100 metros das casas e a 290 metros de Castrelo", recalca a plataforma.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Na reunión informativa celebrada o pasado sábado 21 de novembro en Bodaño tódolos grupos con representación no concello de Vila de Cruces comprometéronse a presentar alegacións ao proxecto. O concello xa presentou unha alegación o 4 de novembro pero o alcalde Luís Taboada anunciou na reunión que presentara unha nova alegación coas achegas dos veciños despois de manter reunión cos principais afectados. ECOS DA COMARCA estivemos na reunión de Bodaño e falamos co veciño máis afectado e con todos os grupos políticos. O vídeo no enlace: https://www.facebook.com/reel/2605561176522554


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page