top of page

Aquí seguimos


La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


Aquí seguimos


Hoxe as mesas seguen na carballeira, pero nós xa non.


Todo está recollido. A carballeira, en cambio, aínda está volvendo en si.


Por que xa pensamos en volver se acabamos de marchar?


Sabemos onde sentarnos, a quen buscar primeiro.


E quen falta.


Como na casa.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Alá por 1974, dentro das festas da Bandeira, dedicadas a San Antonio e á Virxe das

Ermidas, uns amigos cargaron un carro de vacas con empanadas e viño e xuntáronse na

carballeira ao son da música.


Co tempo fomos chegando os demais.

Foto de Rosario das Marías.
Foto de Rosario das Marías.

Hoxe aquela pequena xuntanza é Festa de Interese Turístico Nacional e celebra a súa 50ª

edición.


E aquí seguimos.


Sacando o carro. Chegando cargados.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cos nosos e con algo para poñer na mesa. Ofrecemos o que traemos, probamos o do

lado, facemos sitio.


E a mesa medra.


Hai música, baile, poxa de empanadas. Dicimos que agora si, que imos á orquestra.


E quedamos un pouco máis.


Cando entendemos que a festa conta con nós e non lle podemos fallar?


Esta festa ten algo: nunca queda feita.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Hai que facela outra vez.


E outra.


Será por iso que custa tanto marchar?


Onte marchamos.


Hoxe xa a botamos de menos.


Falta un ano para volver.


Será iso? Marchar sabendo que aquí sempre queda un sitio para nós?


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 23

de agosto de 2026.

MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:

2 comentarios


agnefreedom
hace 8 horas

What a beautiful reminder that traditions are not kept alive by events themselves, but by the people who return to them year after year. I especially loved the idea that some celebrations are never truly finished—they are continually recreated through memory, friendship, and shared presence. Thank you for capturing so elegantly that feeling of belonging to a place that always keeps a seat for us at the table.

Me gusta

xanerpe
hace 9 horas

Salientable é plausible ese orixe i ese carácter profano e gastronómico con vocación de xuntanza, in perpetuum .

Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page