top of page

Falece o piloto Jesús López tras un accidente na Subida de Taboadela

Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia informou este mediodía dun accidente mortal tras saírse da vía un coche que participaba nunha proba deportiva en Taboadela. O piloto do vehículo que se saíu da vía faleceu e o coche quedou completamente calcinado.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O condutor doutro vehículo que tamén participaba na proba resultou ferido de consideración, tras ser alcanzado polo primeiro vehículo. Ademais, aínda que non parece revestir gravidade, un espectador tamén resultou ferido.


Segundo a información recibida no 112 Galicia, a organización dispoñía de ambulancias e persoal sanitario no evento. De feito, os dous feridos, o piloto do segundo vehículo afectado e o espectador foron trasladados polos servizos sanitarios da mesma organización ao Hospital de Ourense. Aínda así, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba ao 112 Galicia que enviaban ao punto un vehículo sanitario co seu equipo médico para atender á muller e á afillada do falecido.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sucedeu ás 12:00 horas deste mediodía. O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaba o fatídico accidente ao 112 Galicia. A partir de aí, púxose en marcha un operativo de intervención formado por, ademais do persoal sanitario, polos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, membros do GES de Pereiro de Aguiar e da Garda Civil de Tráfico.


Distintas entidades fixéronse eco da traxedia a través das redes sociais:

"Dende a FGA queremos comunicar o falecemento de Jesús López durante a celebración da Subida a Taboadela. A proba foi cancelada", sinalo a Federación Galega de Automobilismo.


"Hoy se nos ha ido uno de los nombres propios del automovilismo ourensano, Jesús López 'Pijo', durante la disputa de la Subida a Taboadela, puntuable para el Campeonato Gallego de la especialidad. Un piloto incansable que ha competido en casi todas las disciplinas del motor habidas y por haber, con palmarés en Subidas, Rallyes, Rallysprint, Rallymix, Slalom... Ha formado uno de los binomios más míticos del motor gallego, durante muchos años al volante de su Talbot Sunbeam Lotus, con el que arrancó miles de aplausos en cada subida. Descanse en paz Un fuerte abrazo para todos sus allegados", lamentou o Rallye Ourense Recalvi.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Publicación do Concello de Taboadela.
Publicación do Concello de Taboadela.

"Hoxe Taboadela queda en silencio. En memoria de Jesús López «Pijo»

Hoxe é un día moi triste para Taboadela e para toda a familia do automobilismo galego.

Desde o Concello de Taboadela queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias á familia e ás persoas achegadas de Jesús López «Pijo», que nos deixa tras o tráxico accidente acontecido esta mañá durante a Subida a Taboadela. Unha persoa moi querida e respectada no mundo da montaña, que durante tantos anos compartiu con todos nós a súa paixón polo automobilismo.

Todo o noso cariño e apoio para a súa familia, amizades e compañeiros neste momento tan doloroso. Descansa en paz, Jesús", sinalou o Concello de Taboadela.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page