Diversidade, inclusión e música protagonizaron unha nova edición do Agrocuir de Monterroso
- ecosdacomarca

- hace 16 horas
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este venres a undécima edición do Festival Agrocuir da Ulloa, a cita que se celebrou ata este sábado en Monterroso e que conta cunha colaboración da institución provincial de 8.000€.

PUBLICIDADE
García Porto agradeceu o traballo da Asociación Agrocuir da Ulloa e recordou que a Deputación “apoia esta iniciativa desde que se puxo en marcha” e fixo especial fincapé en que “o Agrocuir é un exemplo de como a cultura, a diversidade e a inclusión poden ser tamén ferramentas para dinamizar e reivindicar o rural”.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
O Festival rematou onte e a programación incluíu obradoiros de baile tradicional galego; faladoiros; xantar popular; ou xogos para os máis cativos, entre outras moitas propostas.









Comentarios