O bispo de Lugo oficiará o 30 unha misa na igrexa de Lalín polos falecidos no accidente de autobús
- Laura Moure

- 28 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Lalín

Este vindeiro venres, 30 de decembro, na igrexa parroquial de Lalín, celebrarase unha misa funeral polo eterno descanso dos falecidos no accidente de autobús acontecido en Cerdedo-Cotobade esta Noiteboa. Comenzará ás 19:00 horas e estará presidida polo Bispo de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco.
Cabe lembrar que neste fatídico accidente perderon a vida sete persoas e dúas quedaron feridas. Das sete vítimas, catro residían na comarca de Deza, en concreto nos concellos de Agolada e Lalín.
NOTICIAS RELACIONADAS:







Comentarios