Son un home de mediana idade e a súa nai de Brántega
Ecos da Comarca/Xeral
Xa son cincos os mortos e ao menos unha persoa continúa desaparecida tras caer o autobús ao río onte pola noite en Cerdedo-Cotobade. Acaban de confirmarnos a procedencia de outras dúas vítimas e por desgraza, temos que volver falar do concello de Agolada. Trátase de dúas persoas que actualmente residen en Lalín, pero que son naturais da parroquia agoladesa de Brántega, do lugar coñecido como a Feira Nova.
Trátase dun fillo de mediana idade e a súa nai que se dirixían a Pontevedra a pasar a Noiteboa con outro dos fillos da muller.
Cabe mencionar que a outra falecida foi unha muller de Carmoega (Agolada), tal e como informou ECOS DA COMARCA en exclusiva a primeira hora da mañá.
O sinistro ocorreu en Noiteboa, uns minutos despois das nove da noite. O autobús facía o traxecto Monterroso Vigo.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments