Neste momento ademais doutros servizos, traballan os bombeiros de Deza
Ecos da Comarca/Monterroso
Axega informa dun grave accidente en Cerdedo-Cotobade. "Un autobús saíuse da vía e caeu por unha ponte. De momento, foron rescatadas tres persoas: o condutor e dous pasaxeiros, dos cales un está falecido".
Trátase dun autobús de Mombus no que viaxaban uns oito pasaxeiros, entre elas persoas que estiveron hoxe no centro penitenciario de Monterroso visitando ao seus familiares. O 112 Galicia foi alertado ás 21:19 horas.
"Os profesionais de Urxencias Sanitarias realizaron os primeiros traslados: o condutor ao Hospital Clínico de Santiago e o outros pasaxeiro a Montecelo, en Pontevedra. No lugar do accidente, na N-641, en Pedre, permanecen os equipos de emerxencias, pois podería haber máis persoas dentro do autocar", sinala o 112 Galicia.
Interveñen no lugar os Bombeiros de Deza e os de Pontevedra, Emerxencias A Estrada, Urxencias Sanitarias, Protección Civil da localidade e a Garda Civil de Tráfico.
Comments