top of page

Localizado outro pasaxeiro do accidente de autobús que xa suma catro falecidos

O equipo do Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia está disposto para efectuar o rescate


Ecos da Comarca/Xeral

Fonte: 112 Galicia

O 112 Galicia informa hai uns minutos (13:00 horas) de que apareceu no río unha sexta persoa integrante da pasaxe do autocar accidentado en Cerdedo-Cotoboade.


"O equipo do Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia está disposto para efectuar o rescate. Con esta nova localización, confirmamos catro falecidos e dous feridos, entre estes o condutor do autobús".


Deste xeito, avanza o operativo de busca, tal e como indica o 112 Galicia, que esta mañá volvía organizarse tras un parón durante a madrugada debido ás malas condicións: elevado caudal do río, moita corrente e o nivel de auga no interior do vehículo, que xa alcanzaba o teito.


Amplo operativo

Así, nas primeiras horas da mañá, reuníanse no lugar dos feitos, a N-541, en Pedre, os seguintes medios: Bombeiros do Deza, GES da Estrada, Protección Civil de Cotobade, Grupo de Rescate en Altura e Acuático e GEAS da Garda Civil, Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) cun Posto de Mando Avanzado, albergue e anfibio, Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COlexio de Psicólogos de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia, Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.


"Pouco tempo despois, eran precisamente os GEAS da Garda Civil quen atoparon dentro do autobús á terceira vítima mortal. Máis tarde, tamén unha patrulla da Garda Civil de Tráfico localizaba o cuarto falecido no río, augas abaixo do Lérez. Para a recollida deste corpo, botouse man dos rescatadores do Pesca I", informa o 112 Galicia.

Cabe recordar que o sinistro ocorreu en Noiteboa, uns minutos despois das nove da noite. O autobús facía o traxecto Monterroso Vigo, e tal e como informamos ECOS DA COMARCA a primeira hora desta mañá unha das vítimas é do municipio de Agolada, unha muller da parroquia de Carmoega que se dirixía a Pontevedra a celebrar esta data coa familia.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page