Hai ao menos dous desaparecidos polo que continúa a búsqueda
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia informou hai uns minutos de que foi localizada sen vida unha quinta persoa que ía no autobús accidentado en Cerdedo-Cotobade. O sinistro tivo lugar onte pasados uns minutos das nove da noite. O vehículo facía o traxecto Monterroso e Vigo e como informamos en exclusiva ECOS DA COMARCA a primeira hora deste domingo, unha das vítimas é veciña de Agolada.
"Os GEAS da Garda Civil recuperaron o corpo sen vida doutra muller no interior do vehículo. Ata o momento, son tres os falecidos e dous os feridos", acaba de informar o 112 Galicia tras localizar ao terceiro corpo.
"Desde primeira hora da mañá o noso Equipo Especial de Rescate e Intervención de Montaña GREIM e o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil da Zona de Galicia traballan sen cesar nos labores de rescate e búsqueda", informa tamén a Garda Civil da Coruña.
Declaracións alcalde do municipio
"Pese a que volve a arreciar a choiva, baixou un pouco o nivel das augas, reanúdase o operativo de rescate dos pasaxeiros do autobús sinistrado. Atópanse aquí os servizos de emerxencia e tamén os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade que están dando mostras en todo momento da súa profesionalidade e serenidade. Acompáñanme varios compañeiros do equipo de goberno. Vai ser outro día moi longo", lamenta Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade.
NOTICIA RELACIONADA:
Commentaires