top of page

Unha profesora que impartiu clases nos institutos de Lalín, outra das vítimas do accidente de bus

Ecos da Comarca/Lalín

Xa son cinco os mortos e ao menos unha persoa continúa desaparecida tras caer o autobús ao río onte pola noite en Cerdedo-Cotobade. Ademais das tres persoas naturais de Agolada, aínda que dúas delas residían actualmente en Lalín, temos que dar conta, por desgracia, doutra persoa moi coñecida en Deza, unha profesora que impartiu clases nos dous institutos lalinenses.

O lugar do accidente. Autor: Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

Fontes oficiais confirmáronos que outra das vítimas é esta muller duns 40 anos, da zona de Lugo. Pero ela é coñecida na comarca de Deza porque en anos pasados estivo de profesora nos institutos Ramón María Aller Ulloa e Laxeiro de Lalín, polo que hai unha gran consternación porque Guada, como así quería que a chamaran (Guadalupe), era unha docente moi querida entre o seu alumnado e o resto da comunidade educativa. Impartía Lingua Castelá. Actualmente, estaba nun instituto do Carballiño, residía en Lalín e ten dous fillos menores.

O vehículo que facía o traxecto Monterroso Vigo caeu dende unha ponte a 75 metros de altura onte pasados uns minutos das nove da noite. Hai dúas persoas feridas, entre elas o condutor.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page