Reactívase a busca en Cerdedo-Cotobade ante a sospeita de que outra persoa puidese viaxar no bus
- ecosdacomarca
- 26 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

O 112 Galicia acaba de informar (10:45 horas) que o dispositivo de busca en Cerdedo-Cotobade reactívase coa intervención da Gardia Civil e AVPC Cerdedo-Cotobade ante a sospeita de que outra persoa puidese estar entre os pasaxeiros do autobús accidentado.
Informouse tamén aos bombeiros de Deza, GES A Estrada, e a Gardacostas de Galicia.
Cabe mencionar que onte pola tarde se puxo fin a busca e o balance foi de seis falecidos e dous feridos. Dos falecidos tres residían en Lalín, aínda que dous deles eran naturais de Agolada, e deste municipio tamén é outra das vítimas. O resto de falecidos son de Nigrán e Soutomaior. Mentres salvaron a vida o condutor, de Vigo, e unha pasaxeira de Ponteareas.
O sinistro ocorreu en Noiteboa. O 112 Galicia foi alertado ás 21:19 horas. O vehículo caeu ao río Lérez, en Pedre (Cerdedo-Cotobade) dende unha altura de 75 metros, segundo o dato proporcionado polo 112 Galicia.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Bình luận