Laura Moure/Lalín
O Concello de Lalín tamén mostra o seu pesar polo tráxico accidente de autobús. "Día moi triste de Nadal para Lalín e a Comarca de Deza polo tráxico accidente do autobús en Cerdedo-Cotobade. Tres das persoas falecidas eran residentes en Lalín e unha cuarta de Agolada".
"A Corporación Municipal de Lalín, por acordo de todos os grupos políticos, decidiu decretar desde esta noite dous días de loito oficial e bandeiras a media hasta. Desde o Concello transmitimos as nosas condolencias e a nosa solidariedade coas familias das vítimas. Agradecemos tamén moi especialmente aos distintos servizos de emerxencia todos os seus esforzos neste operativo que se vén de pechar e que desenvolveu de xeito exemplar nunhas complicadas condicións climáticas", agradece o Concello.
O Concello de Agolada tamén decretará loito oficial. A noticia sobre isto no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/agolada-decretar%C3%A1-loito-oficial-polo-pasamento-de-tres-das-v%C3%ADtimas-do-accidente-naturais-do-concello
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments