top of page
Perruquería Marisa.gif

Agolada decretará loito oficial polo pasamento de tres das vítimas do accidente naturais do concello

Laura Moure/Agolada

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, confirma que si se decretará loito oficial polo falecemento de tres das vítimas mortais do accidente ocorrido onte pola noite en Cerdedo-Cotobade. Estas tres persoas son naturais de Agolada e viaxaban no autobús siniestrado.

O Consistorio de Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

Mercedes residía na parroquia agoladesa de Carmoega e Cruz e Jaime, nai e fillo, son naturais da parroquia de Brántega onde teñen casa, pero vivían actualmente en Lalín.


Tras coñerce o pasamento de Mercedes pola mañá, o rexedor xa falou da intención de decretar loito oficial, debido á traxedia do accidente, algo que confirmou agora (pasados uns minutos das 18:30 horas) e mais ao saber, que por desgraza, son en total tres veciños os afectados.


O mandatario adianta que mañá se reunirán para decidir cantos días se decretará loito e expresa as súas condolencias aos familiares de todas as vítimas.

A estas condolencias tamén se suma o Partido Popular da localidade. "Despois da traxedia do autobús en Cerdedo-Cotobade e coñecendo que por desgracia hai entre os falecidos tres veciños de Agolada vimos de solicitar por rexistro a petición dun pleno extraordinario urxente para que se decreten uns días de loito oficial. Asimesmo poñémonos a disposición do goberno e dos familiares para calqueira cousa que poidan necesitar", sinalan os populares.


Sen dúbida, este suceso tan tráxico marcou este día de Nadal a toda Galicia, ás comarcas e en gran medida aos pobos de Agolada e Lalín.


O Concello de Lalín tamén decreta loito como se pode ler no seguinte enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/lal%C3%ADn-decreta-desde-esta-noite-dous-d%C3%ADas-de-loito-oficial-e-bandeiras-a-media-hasta-polo-accidente


NOTICIAS RELACIONADAS:

401 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page