top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un guindastre xa retirou do río o autobús accidentado en Cerdedo-Cotobade

Ecos da Comarca/Xeral

Un guindastre retirou este martes pola tarde o autobús que caeu ao río Lérez esta Noiteboa ao seu paso por Cerdedo-Cotobade e no que faleceron sete persoas. Os servizos de emerxencia facilitaran o acceso ao vehículo co corte de varias árbores e pólas.

Fonte: Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade

Deste xeito, tras ser estabilizado o guindastre cuns contrapesos sobre a ponte, a máquina sacou o autobús do río e pousouno na vía de circulación, a N-541.

Autor: Jorge Cubela


Por mor destes labores, houbo que interromper o tráfico na estrada. Así, está previsto que a circulación se restableza cando a estrutura do guindastre sexa retirada, segundo confirmaron ao 112 Galicia os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste tráxico accidente o pasado sábado, uns minutos despois das 21:15 horas.


NOTICIAS RELACIONADAS:





0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page