top of page

Ascenden a sete os falecidos no accidente de autobús ao localizar hoxe o corpo doutra vítima

Ecos da Comarca/Xeral

Esta mañá retomábase o dispositivo de busca en Cerdedo-Cotobade ante a sospeita de que podía haber outro pasaxeiro no autobús accidentado en Noiteboa. E as sospeitas eran certas, porque foi localizada outra vítima. Con isto o número de falecidos ascenden a sete.

Fonte: Protección Civil Cerdedo-Cotobade.

A delegación do Goberno en Pontevedra confirmou a aparición desta novena pasaxeira.

Trátase dunha muller duns 50 anos que acompañaba á que logrou salvar a súa vida nestre tráxico suceso e que ambas colleron o vehículo en Monterroso e se dirixían a mesma cea. Foi o fillo da superviviente o que deu a voz de alarma.

Cabe lembrar que as dúas persoas que lograron salvarse son esta muller de Ponteareas e o condutor, natural de Mos, pero que reside en Vigo. El recibiu hoxe a alta hospitalaria.


NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page