top of page

Asegún...

La Formalita/Xeral


Cousas que se pensan


Asegún...


Case é unha palabra con dobre vida.


Non é o mesmo case me quere ca case o esquezo. Nun caso, un volve; no outro... xa

non.


Case non é inocente. Vai sempre acompañado.

Hopper Sun in a empty room, imaxe de internet.
Hopper Sun in a empty room, imaxe de internet.

Se vén detrás algo bo, empuxa. Case sae redondo, case lle digo que si, case volvo mañá.

Ten ese punto de “vai, que xa case está”.


Pero se vén algo malo... afunde. Case tiro todo pola borda, case meto a pata, case non

dou chegado, case quedo sen nada. E aí xa cambia a cousa.


Que lle poñemos detrás ao case?


 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A palabra é a mesma.


O que cambia é a intención que lle poñemos detrás.


Xa o tiña visto o aristócrata do XVII, François de La Rochefoucauld, cando dicía que nos

prometemos segundo as nosas esperanzas e cumprimos segundo os nosos temores.


Prometemos por ilusión... ou por paixón?


E mentres tanto, chega a primavera.


Case sen avisar.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

E ese case, curiosamente, xa non pesa. Máis ben anima.


E se este fose dos bos?


Porque ao final todo é iso.


Asegún.


La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o

cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para

interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 19

de abril de 2026.

MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:


1 comentario


This one really got me. That little word carrying so much weight depending on what comes after it — I’d never thought about it quite like that before, but now I don’t think I’ll be able to use it the same way again! Such a simple idea but it just sticks with you. Love this column 🌿

Me gusta
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page