top of page

A Garda Civil sinala "o exceso de velocidade como principal causa" do accidente de bus de Cerdedo

Así o desvelou este xoves o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco


Ecos da Comarca/Xeral

O lugar do accidente do autobús en Pedre. Autor: Ecos da Comarca.

A investigación da Garda Civil concluíu que "o exceso de velocidade foi o principal causante do accidente de autobús rexistrado en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) a Noiteboa de 2022 no que faleceron sete persoas ao sufrir unha saída de vía e precipitarse ao río Lérez desde o viaduto de Pedre, na N-541", tal e como declarou esta mañá en Tui o delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.


Blanco tamén sinalou que esta foi tamén a causa do accidente mortal de moto ocorrido en xaneiro de 2023 neste mesmo vial e apuntou a que "polo tanto non se debe a que a estrada estea en mal estado". Cabe mencionar que son varios os alcaldes, incluído o de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, os que levan meses demandando un arranxo deste vial, no que a miúdo se rexistran sinistros.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cabe mencionar que no tráxico accidente de autobús faleceron sete persoas, entre elas das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, unha agoladesa; dous lalinenses naturais de Agolada e unha mestra que impartía clases na capital de Deza. Mentres salvaron a vida o condutor, de Vigo, e unha pasaxeira de Ponteareas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page