Memoria e innovación
- ecosdacomarca

- hace 24 minutos
- 2 Min. de lectura
La Formalita/Xeral
Cousas que se pensan
Memoria e innovación
Din que os máis novos son máis tontos.
Que baixan resultados, que custa máis ler, que a atención non aguanta. PISA leva anos
marcando caídas en comprensión e matemáticas. Nalgúns países, o efecto Flynn —ese
que dicía que cada xeración era máis lista ca a anterior— deixou de subir e mesmo
baixou.

Pero mentres tanto, pasan outras cousas.
O alumnado galego segue subindo ao podio nas Olimpiadas de Matemáticas e de Física.
Equipos de instituto gañan ligas de debate con máis cabeza da que parece. E hai
rapaces creando, programando, compondo e lanzando proxectos antes dos trinta.
E iso tamén está aí.
PUBLICIDADE
¿Como encaixa unha cousa coa outra?
O mundo vai máis rápido. As cousas chegan a golpe de clic. Todo parece posible —ata
chegar á Lúa... ou a Marte— sen saír da casa.
E, claro, corre, corre, corre... e vai cambiando a maneira de pensar.
Bauman chamou a isto vida líquida. Outros falan de aceleración. Aquí dicímolo así: alavái.
E entón pasa o que pasa.
¿Como se valora algo que aínda está pasando?
¿Ou só botamos en falta o que xa coñecemos?
PUBLICIDADE
No medio, o talento faise máis visible, máis inmediato, máis novo.
E tamén máis esixente: horas, esforzo, compromiso e ganas.
Así que igual non hai xeracións máis tontas.
O mundo fuxe, e nós imos detrás.
¿Que é o que está cambiando?
¿Sabemos ver o talento cando muda de forma?
La Formalita existe en Ecos da Comarca para ofrecer unha maneira distinta de mirar o
cotián: breve, elegante, con humor e pensamento; non para informar, senón para
interpretar; non para explicar, senón para mirar doutro xeito. ECOS DA COMARCA— 12
de abril de 2026.
MÁIS ARTIGOS DE OPINIÓN DE LA FORMALITA:
Cando todo asemella o mesmo... pero non: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-todo-asemella-o-mesmo-pero-non
O valor do que non se debe perder: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-valor-do-que-non-se-debe-perder
O cerebro humano non entende a escala, entende a historia: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-cerebro-humano-non-entende-a-escala-entende-a-historia
Toda ponte cobra: https://www.ecosdacomarca.com/post/toda-ponte-cobra
Cando prende, prende: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-prende-prende
Cando o día vén encollido: https://www.ecosdacomarca.com/post/cando-o-d%C3%ADa-v%C3%A9n-encollido
Queridos Reis Magos: https://www.ecosdacomarca.com/post/queridos-reis-magos
Unha desfeita: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-desfeita
A Terra Nai: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-terra-nai
A cara que non somos: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-cara-que-non-somos
Estar sendo: https://www.ecosdacomarca.com/post/estar-sendo
8 de marzo: forma e cor: https://www.ecosdacomarca.com/post/8-de-marzo-forma-e-cor
Onde comezan as mans: https://www.ecosdacomarca.com/post/onde-comezan-as-mans
Un domingo de Ramos: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-domingo-de-ramos
Abades, un domingo de Pascua: https://www.ecosdacomarca.com/post/abades-un-domingo-de-pascua








Comentarios