top of page

A praza de Pediatría de Vila de Cruces quedará cuberta este venres, 3 de decembro

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O servizo de pediatría de Vila de Cruces volverá restablecerse este venres, día 3 de decembro, despois das queixas dos distintos partidos políticos.

A titular da praza de Pediatría tomará posesión e atenderá a 400 nenos con tarxeta sanitaria nesta zona e faráo en horario completo con quenda de mañá.


Cabe mencionar que o goberno local anunciou hai uns días que senón se retomaba este servizo levaría a cabo unha manifestación este sábado, día 4.


O tenente de alcalde, Julio López séntese agradecido pola decisión tomada e espera que estas circunstancias non volvan a suceder en ningún outro momento. Nesta ocasión o goberno municipal de Xuntos, "quere facer un chamamento as palabras mencionadas en algún medio de comunicación no que se pon de manifesto palabras do Bloque Nacionalista Galego, onde falta ao respecto ao alcalde e concelleiros/as do grupo de goberno, tinguíndoos de mentireiros e ademais acusándoos de falta de xestión, cando se lles informou da situación dende o primeiro momento, e polo tanto os feitos calan barbas", recalca López. “Deberían de deixar de usar a demagoxia en este tipo de asuntos e deixar de sacar rédito político dunha necesidade tan básica como é a saúde e a Sanidade dos veciños de Vila de Cruces e poñerse a facer algo máis interesante que desacreditar e faltar ao respecto sen ningún tipo de argumento, presentando as súas desculpas”.


“Vila de Cruces volve a contar co servizo de pediatría e este é un feito que nos fai sentir orgullosos/as como grupo de goberno, no que tratamos de buscar a estabilidade e o benestar de todos os nosos veciños e veciñas, reivindicando as veces que faga falla que non se nos eliminen ningún servizo aos que todos e todas temos dereito”, así o manifestan dende o grupo municipal de Xuntos.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page