Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O BNG leva a debate no Parlamento galego a reposición do servizo de pediatría en Vila de Cruces

"Empregaremos as 1.400 sinaturas como mecanismo de presión para a recuperación do servizo", sinala este partido político


Laura Moure/Vila de Cruces

O voceiro Alejandro Fiúza e a concelleira do BNG de Vila de Cruces Beatriz Gómez, rexistraron no Parlamento, xunto coa voceira Nacional, Ana Pontón, e as deputadas Montse Prado e Iria Carreira, o martes 9 de novembro, máis de 1.400 sinaturas de veciñas e veciños de Vila de Cruces, reclamando o restablecemento do servizo completo de pediatría.

"Dende o BNG queremos dar as grazas pola implicación da veciñanza e dos negocios do concello con respecto á recollida de sinaturas, xa que entenderon dende un primeiro momento a necesidade da mobilización social para reclamar o restablecemento deste servizo".


Este xoves, 11 de novembro, o BNG levará a debate unha proposición non de lei para instar ao Goberno Galego a garantir unha atención pediátrica de calidade ás crianzas do concello de Vila de Cruces, para o que debe repoñer de inmediato o servizo de pediatría no seu centro de saúde na totalidade do horario.


"O deterioro permanente da Sanidade Pública faise patente con situacións coma a que está a vivir a sociedade de Vila de Cruces, coa minimización do servizo de pediatría dende comezos do mes de outubro, e que dende o BNG somos coñecedores de primeira man das numerosas queixas que nos fan chegar as familias usuarias con respecto á limitadísima franxa horaria de atención, e as dificultades que atopan no caso de ter que acudir ao servizo no momento dunha urxencia fora do horario establecido", indica o BNG.


NOTICIAS RELACIONADAS: