Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O BNG de Vila de Cruces lanza unha campaña de sinaturas contra a "fuga" do servizo de pediatría

Dende este luns máis de 400 cativos quedan cunha atención de só unha hora diaria Laura Moure/Vila de Cruces Dende este mesmo luns, 4 de outubro, Vila de Cruces, con máis de 400 crianzas, queda cun servizo de atención pediátrica dunha hora diaria, cuberta por persoal do centro de saúde de Silleda, tal e como informa o BNG da localidade. Esta situación estenderase ao longo do mes de outubro. "Supoñemos que para tantear se finalmente poden dende a Consellería eliminar totalmente o servizo", considera o BNG.

O BNG de Cruces.

"Todo este baile de servizos e prazas vai en detrimento de concellos coma o noso, no que día tras día se recortan incomprensiblemente atención imprescindible para a nosa veciñanza", recalca. Así mesmo, sinala que o que "é máis escandaloso, que ademais de facelo dun día para outro, é que coincide co inicio de curso, no que sempre, as crianzas, están expostas a enfermidades víricas, ademais, que as urxencias que se produzan ao longo do día, despois das 9:15 horas terían que ser atendidas en Silleda". Por todo isto, o BNG de Vila de Cruces inicia unha campaña de recollida de sinaturas por todo o concello, no que se solicitará á Consellaría de Sanidade, por parte dos asinantes e do grupo municipal do BNG, o reestablecemento do servizo de Atención Pediátrica en horario completo.

68 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE