top of page

O BNG cruceño non se fía do "suposto acordo telefónico" para restablecer o servizo de pediatría

"E moito menos da palabra do tenente alcalde", por iso trasladarán ao Parlamento a cuestión da reposición da praza de pediatría despois de recoller máis de 1.300 sinaturas


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG vén de rexistrar unha serie de iniciativas para debatir a situación actual do servizo de pediatría en Vila de Cruces, que irán acompañadas polas máis de 1.300 sinaturas recollidas da veciñanza que demandan o reestablecemento completo do servizo de pediatría.

O Grupo Municipal "non se fía dun suposto acordo teléfonico por parte da Consellería de Sanidade, e moito menos da palabra do tenente alcalde, por iso trasladarán ao Parlamento a cuestión da reposición da praza de pediatría"


"Actualmente, o servizo de pediatría préstase entre as 8:15 e as 9:45, e non nas dúas horas que anunciou o voceiro do PP, cando foron os propios traballadores do centro quen reclamaron o servizo de enfermaría. Outra cousa é que a facultativa que cubre o servizo se vexa na obriga de seguir co servizo cando non lle dá tempo a atender a demanda e as citas concertadas con anterioridade", informa o partido nacionalista.

No caso das urxencias, unha vez rematado o horario establecido de pediatría, seguen tendo que desprazarse a Silleda a pesar de dispoñer dunha enfermeira pediátrica.


"O servizo debe ser restablecido a tempo completo. A Xunta de Galiza debe apostar por un servizo sanitario público de calidade e non deixar abandonas ás crianzas de Vila de Cruces, que vense obrigadas a desprazarse fóra da localidade ou empuxadas á sanidade privada", subliña o BNG. "Os veciños e veciñas de Vila de Cruces, séntense discriminados na atención sanitaria que teñen. A saúde é un dereito fundamental, e para que a atención sanitaria que se preste sexa de calidade, é preciso contar co persoal necesario". Ante todo isto, o grupo parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para debate na Comisión 5a: “O Parlamento de Galiza insta o Goberno galego a garantir unha atención pediátrica de calidade ás crianzas do concello de Vila de Cruces, para o que debe repoñer de inmediato o servizo de pediatría no seu centro de saúde na totalidade do horario.”


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page