top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG de Cruces esixe un servizo de pediatría de calidade, tras reducirse a unha hora diaria

"As nenas e nenos de Cruces merecen recibir atención de calidade, de proximidade e nun horario que garantice ás familias seguridade e estabilidade para poder conciliar"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

“O rural queda no esquecemento a pasos axigantados coa retirada dos servizos, primeiro eliminaron o servizo de urxencias, e agora queren reducir o servizo de pediatría en Vila de Cruces a unha hora diaria”, denuncia o BNG de Vila de Cruces. “Este é o futuro que o Partido Popular dende a Xunta quere para concellos rurais como o noso, a desertización e despoboamento, limitando e eliminando servizos para despois expoliar os nosos recursos.”

Sinala que xa en agosto de 2019, o BNG de Vila de Cruces, denunciou publicamente tanto a precaridade da situación das instalacións do centro de saúde, como as carencias en canto a persoal. "Lonxe de ser solventadas estas incidencias, arrastradas de gobernos pasados do PP, non fixeron nada en absoluto para frear a fuga das urxencias do noso concello, o Goberno actual de Xuntos segue instalado nese continuismo, que leva a Vila de Cruces á máis absoluta precariedade en canto a servizos primarios".


Dende este mesmo luns 4 de outubro, Vila de Cruces, tal e como informa o BNG, con máis de 400 crianzas, quedará cun servizo de atención pediátrica de unha hora diaria, en horario de 8:20 a 9:20 horas, cuberta por persoal do centro de saúde de Silleda, debido a

que o pediatra que ocupaba a praza en Vila de Cruces, foi requirido para ocupar praza no centro de saúde de Lalín. "Todo este baile de servizos e prazas é un claro exemplo da lamentable xestión da Xunta de Galiza presidida por Feijóo, e da precariedade á que se están a levar os servizos médicos públicos de atención primaria".


"Dende o BNG de Vila de Cruces consideramos, que este parche de unha hora diaria de atención pediátrica non só é insuficiente, senón que é inadmisible, e consideramos que no país non hai cidadáns de segunda, pagamos os mesmos impostos e esiximos os mesmos servizos. Esta situación, a cal, era previsible, non pode ser a escusa que permita unha porta aberta para deixar sen atención primaria ao futuro do noso concello, as nosas crianzas. As nenas e nenos de Vila de Cruces e as súas familias merecen recibir atención de calidade, de proximidade e nun horario que garantice ás familias seguridade e estabilidade para poder conciliar".


O partido nacionalista cruceño tomará ás medidas que considere, tanto a nivel institucional como social, para frear este desmantelamento, polo que xa anuncia unha moción para o

próximo pleno ordinario, así como dar traslado e esixir solucións adaptadas á realidade á Xunta de Galiza.

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page